sábado, 25 de febrero de 2012

Charla "Situación actual: análise e alternativas" de Feliz Rodrigo Mora [Convocatoria]

Este luns, 27 de febreiro, ás 20h terá lugar a charla "A situación actual: análise e alternativas" por Felix Rodrigo Mora* na Biblioteca anarquista Ghavilla de Compostela en rúa Puente la Reina nº 8.

Axúdanos a difundilo!!


*NOTA BIOGRÁFICA
Félix Rodrigo Moura comeza desde moi novo no movemento obreiro, acumulando
unha interesante e dilatada experiencia nas súas loitas, así como nas veciñais.
Decepcionado do activismo, tras comprender por propia experiencia a sua nocividade, adícase durante máis de 17 anos á reflexión e ao estudo, convencido de que as teorías obreiristas urdidas no século XIX
están amplamente superadas polas circunstancias, e que é necesario crear novos marcos interpretativos para facer fronte ás novas realidades do século XXI.
Forma parte do colectivo de crítica anti-industrial “Os Amigos de Ludd” ata a sua amigable autodisolución. No seu libro “Naturaleza, ruralidad y civilización” recolle, ademais de diversas análises froito de anos de traballo, os seus recordos infantís no mundo rural castelán tradicional, desexoso de transmitir ás novas xeracións unha imaxe obxectiva de como era aquel, no positivo e tamén no negativo, coa esperanza de que o un e o outro sirva para a constitución dunha sociedade post-estatal e postcapitalista.
Agora continúa a traballar en diversos asuntos, e existen varios libros
pendentes de publicación.
Como suscita no seu libro “A Democracia e o Triunfo do Estado”,
entende que a acción transformadora da actual orde debe ter unha sólida orientación moral. Sublévalle o reformismo fraseolóxico e demagóxico da ideoloxía e política dos anos 60 e 70 tanto como a sua insustancialidade intelectiva, amoralidade e desdén polos clásicos.
Considera, tal e como o suscita no seu libro “Crise e Utopía no Século
XXI”, que hai que acabar críticamente con todo iso, e substituílo por outro sistema de ideas, programa e propostas que sexan verdadeiramente revolucionarios e que ao mesmo tempo integre o mellor da cultura clásica e das tradicións populares.
Ademais dos libros publicados, e preparados, pendentes de publicar, vén
publicando numerosos artigos, charlas e comunicacións.
Os seus contidos resultan de tres fontes: a experiencia directa reflexionada, o aprendido dos iguais e a leitura meditada dos clásicos. Con iso nega o academicismo e credencialismo, pois xulga que nas institucións a verdade non é, en xeral, posible, dado que serven á razón
de Estado.
A súa convicción é que só o vivido, isto é, o padecido e sufrido, proporciona un saber auténtico, mentres que o transmitido desde o confort e asepsia das cátedras resulta ser unha mestura de erro e propaganda. Únicamente unha vida azarosa e esforzada, con esquecemento
de si e desexo de servir ao trascendente, pode proporcionar o coñecemento do sustantivo.
Un enfoque non-especializado é cardinal en tal concepción, pois a vida é plural e complexa, non admitindo reduccionismos. Considera que a verdade ha de estar na base de todo, e que a súa averiguación non resulta dun actuar meramente intelectual senón dun compromiso en que o ser humano implícase como totalidade, asumindo o risco e incerteza que iso leva aparellados.

nota biográfica extraída da sua web:http://felixrodrigomora.net