lunes, 18 de marzo de 2013
2ª Tanda de filmes e documentarios no CINEMA FORUM "A GHAVILLA"
Xa está programada a 2ª tanda de filmes que, como na quenda anterior, serán proxectados no noso local todolos martes às 20:00' (comenzo pontoal salvo imprevistos) e nesta segunda pogramación convidamosvos a visionar (e depois si se quixer a opinar) os seguintes filmes: en 19 de marzo: "A Banda Bonot" de Jean Paul Guibert filme francés en VOS realizado en 1968 (83 minutos); en 26 de marzo: "A Educación Prohibida" documentario do arxentino Germain Doin reralizado en 2012 (145 min); en 2 de abril proxectaremos o filme mexicano "A Lei de Herodes" dirixido por Luis Estrada en 1999 (123 min) e para rematar esta segunda tanda, en 9 de abril, poderemos visionar o filme de Hector Olivera realizado na Argentina en 1974 "A Patagonia Rebelde" (103 min).
Clicando en "Mais información" acededes a unha sinopse de cada filme.
19 Marzo "A Banda Bonnot" ( Jean Paul Guibert 1968 Francia VOS ) 83 minutos
A Banda Bonnot foi un dos tantos grupos anarquistas expropiadores que tiveron acción na Europa de finais do século XIX e principios do XX. O seu foco de luita foi Francia, entre 1911 e 1912. Denominada desta forma pola sociedade dese país, dado que o seu “líder” era Jules Bonnot, practicaron o ilegalismo como forma de emanciparse da escravitude moderna, principalmente do traballo asalariado.
Este grupo usou o roubo a mao armada, o asalto e asasinato con un duplo fin: O de non someterse à escravitude moderna e o de axitar à sociedade, tan dormida e conforme como é característica. Para ese fin usaron o automóvil, máximo invento da época, con o que pasaron à historia como umha das bandas pioneiras en usar este meio de transporte con fins subversivos.
O filme, narra a historia desta banda, mergullándonos nas vidas dos seus integrantes, ademáis de entregarnos umha imaxen moi detallada da sociedade francesa de entón.
26 Marzo "A Educación Prohibida" (Docu 2012 German Doin Argentina) 145 min
A escola cumpriu xa máis de 200 anos de existencia e é ainda considerada a principal forma de aceso à educación. Hoxe en día, a escola e a educación son conceptos amplamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, institucións educativas, medios de comunicación e espazos da sociedade civil. Dende a sua orixe, a institución escolar estivo caracterizada por estructuras e prácticas que hoxe se consideran maiormente obsoletas e anacrónicas.
Dicimos que non acompañan as necesidades do Século XXI. A sua principal falencia encontra-se nun deseño que non considera a natureza da aprendizaxe, a libertade de eleción ou a importancia que ten o amor e os vínculos humanos no desenvolvimento individual e colectivo.
A partir destas reflexións críticas xurdiran, ao longo dos anos, propostas e prácticas que pensaron e pensan a educación dunha forma diferente. "La Educación Prohibida" é un filme documental que propón recuperar muitas delas, explorar as suas ideas e visibilizar aquelas experiencias que se atreverom a mudar as estructuras do modelo educativo da escola tradicional.
Máis de 90 entrevistas a educadores, académicos, profesionais, autores, nais e pais; un percorrido por 8 países de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas non convencionais, convirten a "La Educación Prohibida" nun fenómeno único. Un proxecto totalmente independente dunha magnitude inédita, que da conta da necesidade latente do crecemento e xurdimento de novas formas de educación.
2 Abril "A Lei de Herodes" ( Luis Estrada 1999 México ) 123 min.
Comedia satírica sobre a corrupción política en México durante o longo mandato do PRI
Considerada como un dos grandes filmes mexicanos dos últimos coarenta anos, non só pola sua calidade e humor irónico e mordaz, senón tambén pola capacidade de síntese da que fai gala, dado que reflexa con fidelidade o estilo de gobernar do PRI, que levaba 71 anos seguido no poder, e de cómo mediante o autoritarismo e a corrupción, o PRI, o goberno, o estado e as suas institucións, chegaron a ser todas a umha, a mesma cousa. Asín a cinta incorpora à trama alusións às prácticas priistas como o dedazo ou o crimen político como método de solución de conflictos. Recolle frases do ideario priista como “están jodidos porque quieren”, ou “en este país el voto se respeta y no es nuestra culpa que la gente siempre vote por mi partido”.
9 Abril "A Patagonia Rebelde" ( Héctor Olivera 1974 Argentina ) 103 min.
Filme dramático-histórico de acción que relata os feitos da denominada Patagonia rebelde do ano 1921. Foi censurada primeiro polo entón presidente, Juan Domingo Perón, e depois aprobada por decisión do mesmo, no entanto pouco despois morria Perón e foi novamente censurada polo goberno de Isabel Perón e pouco despois, a maioría do elenco e realizadores fuxeron ao exilio e só puido ser exibida na Arxentina 10 anos despois en 1984.
A chamada “Patagonia Rebelde” foi o conflicto no que operarios anarcosindicalistas buscaban, nun principio, reivindicar melloras laborais, pero que rematou desembocando en duas greves xerais e numha violenta represión por parte do Exercito que costara a vida de 15.000 persoas.