domingo, 8 de septiembre de 2013

Luns 16 setembro as 20:30' : Volvemos a abrir as portas con a presentación do último libro de Pedro García Olivo: «Cadáver a la Intemperie»

"Como auga de maio en setembro" caenos por acá o Pedro García Olivo no seu segundo ciclo de presentacións (polo norte e noroeste da península) do seu último libro (que intuímos que non será o derradeiro) «Cadáver a la Intemperie» editado por logofobia

Pedro virá acompañado por outra persoa desta editorial anticomercial e nos primeros 10 minutos da charla van ir adicados a falar da acampada contra as liñas electricas de Moi Alta Tensión (MAT) que se está realizando en Girona, dado que algun compañeiro de seu está por alá, tema que consideran moi interesante (nos tambén) e do que necesitan apoio por aquilo cren (e cremos) importante darlle difusión. (podedes atopar información sobre a loita anti MAT no seu blogue: www.torresmasaltashanciado.espivblogs.net

Colamos de seguido a crítica, que do libro, fan as compas da librería e editorial libertaria Malatesta: "«Cadáver á Intemperie» é posiblemente a obra máis completa de Pedro García Olivo, onde recolle as súas principais teses contra os valores e as institucións capitalistas que fan da democracia un sistema totalitario -de aí a aparición do concepto «Demofascismo». «Cadáver...» céntrase nos aspectos socio-políticos que levan á domesticación do ser humano, resultando así a destrución doutras formas de vida.

García Olivo, dende postulados foucaultianos e nietszcheanos, entende que os seres humanos de hoxe están forxados homoxeneamente pola civilización occidental. Dende a súa reflexión sobre o Pensamento Único contribúe á crítica das formacións culturais dominantes. Así, somete unha importante crítica ao postmodernismo e á antropoloxía académica que, na súa opinión, axudan a aniquilar a «diferenza» cultural para convertela en mera «diversidade», como corresponde a un multiculturalismo de corte demofascista. Tamén lle dedica un considerable espazo á análise das loitas en América Latina e no Estado español, incorporando temas de actualidade, como os debates sobre a violencia, o 15-M, o experimento político da Venezuela de Chávez, o Movemento Guatemalteco, a situación de Cuba ou as súas experiencias co EZLN.

En definitiva, estamos ante unha obra que non nos deixará indiferentes urxente na súa actualidade, imprescindible para coñecer e recoñecer, como ben anuncia o seu epílogo, ao máis feo dos homes.