Como despedida do Cinema-Forum deste ano 2013 oferecemos unha maratón de curtas variadas que, con unha duración total de algo máis de 2 horas e meia, comezará as 21:00' e visionaremos 10 curtas de diferentes temáticas e técnicas, que esperamos sexan do agrado de todas (faremos paradas para falar e outras necesidades).
Dicer que voltaremos en xaneiro con novas propostas e proxeccións nos martes. Recordamos que estamos abertas a suxerencias. A tal efeito tendes o enderezo do noso correo na coluna direita deste blogue, ou mesmo podedes aportalas na biblioteca nos días de Cinema.
Esta é a listaxe de filmes a proxectar con unha breve sinopse de cada un dos documentais, a súa temática, autoria, país de realización, ano e duracción aproximada:
"Darwin e Kropotkin Competição ou Solidariedade" (Animado, Brasil, Terra Livre, 2008) 5 min.
Breve e didáctica animación dunha conversa fictícia entre Darwin e Kropotkin sobre a evolución dos animais. Kropotkin, un dos maiores pensadores do anarquismo tradicional, era profundo admirador de Darwin, mais nesta curta critica a influencia de Malthus na teoria daquele.
"Bajo el signo libertario" (Histórico, España, CNT, 1936) 15 min
Documental que, con unha linguaxe militante, expón as concepcións anarquistas sobre a organización da sociedade revolucionaria. Amosa a vida ds habitantes de Pina de Ebro, na Frente de Aragón, durante un día normal de traballo na súa comuna revolucionaria, inspirada pola CNT.
"Concejo Abierto" (Actualidade, España, Carmen Comadran,2013) 6 min.
O Concello Aberto unha das poucas democracias direitas que se conservan en Europa. No estado español, é un direito das vilas de menos de 100 habitantes, en recoñecemento á tradición asamblearia na que a viciñanza, reunida en lugares simbólicos, como prazas ou árbores centenarias, tomaban as decisións sobre o presente e o futuro da localidade. Mais os cambeos lexislativos dificultan cada vez máis a sua permanencia e só as vilas que amosan a súa determinación de autogoberno logran manter o Concello Aberto.
"¡Votad, votad, malditos!" ( Histórico, España, Llorenç Soler, 1977 ) 23 min.
Llorenç Soler capta o ambiente preeleitoral das primeiras eleccións “democráticas” do estado espanhol e recolle asín ao vivo o parecer do "persoal de a pé”, no día antes desas eleccións, en 15 de junho de 1977, onde perguntando qué é o que pensan votar, amosanos asín a absoluta iñorancia dunha grande parte da poboacion entrevistada sobre o programa dos partidos aos que van votar.
"En la selva hay mucho trabajo por hacer" (Animado, Uruguay, W.Tournier, 1974) 17 min.
Un pai faille entender à súa filha a razón do seu encarcelamento como preso político. Realizada a un ano de comenzada a dictadura que ocuparía o poder ata 1985, dalle a este traballo o mérito de ser a primeira animación uruguaia de tanta duración, e alén foi feita sen contar con grandes recursos, a base de papel, madeira, latex,..
"Fugarse del Infierno" (Homenaxe, Catalunya, Ateneu Llibertari Casc Antic, 2010) 20 min.
Documental homenaxe a Xosé Tarrío realizado a cinco anos da súa morte..No ano 1991, Antoni Asunción, a sazón responsable de Institucións Penitenciarias, impuxera o FIES e un grupo duns 30 presos foron dispersados. Pouco despois, Salhaketa-Iruña promove o inicio da denuncia contra o FIES, Patxi Zamora é libertado, grazas à laboura da Coordinadora en Solidariedade con as Persoas Presas, sae publicado o libro de Xosé Tarrío, “Huye Hombre Huye”,e todo iso propicia unha nova fugaz luita colectiva no interior das prisións. Desta situación parte esta análise que pretende à vez recordar aos nosos compañeiros, que nos deixaron un digno e emotivo recordo e a sua exemplar ímpetu de luita contra as prisións.
"SOS Laciana: Toma la Montaña" (Denuncia, León, S.O.S. Laciana, 2011) 20 min.
Documental sobre as minas de ceo aberto en Laciana, León, e a corrupción politica e empresarial que esta detrás da desfeita desta zona de especial proteción de aves e reserva da biosfera da UNESCO, onde o urogalo cantábrico e o oso pardo, ambos en perigo de extincíon, sobreviven. Ainda así grandes máquinas reventan a montaña sen descanso para extraer un carbón de pésima calidade que despois é queimado con unha eficiencia de só o 36%; e para acadar unha tonelada de carbón, reventan 40 de terra e rocha, ademais de calquera árbore, planta ou animal que se encontre no camiño
"Ilha das Flores" ( Ecoloxía, Brasil, Jorge Furtado, 1989 ) 12 minutos
Un ácedo e divertido retrato da mecánica da sociedade de consumo. O que nun principio non é máis que a historia dun simples tomate, transformase, por obra e graza do humor negro, numha cruel e profunda reflexión sobre o proceso de xeración de riqueza e das desigualdades que xurden no meio do caminho.
"O home que plantaba árbores" (Animado, Canadá, Frédéric Back, 2010) 30 min
A historia dun señor muito peculiar, un home bon e simples, o pastor Elzéard Bouffier, que, en total sintonía con a natureza, fai medrar unha floresta nunha rexión árida e inóspita. Un tributo ao trabalho e à perseveranza, onde se fala sobre a simplicidade e a xenerosidade, e sobre o que poden fazer as accións dunha só persoa, ainda que isoladas.
"La Dama y la Muerte" ( Animado , España, Javier Recio, 2009) 8 min.
En clave de comedia trata o direito a unha morte digna. Unha ancián, que vive soa no rural, está á espera de que lle chegue a morte para reunirse novamente con o seu home amado, mas vaise ver arrincada das maos da morte por un médico petulante.