Cando Xosé Bocixa era un meniño, vira como a súa parroquia de As Encrobas era engolida por unha mina. Contaba dez anos cando chegaran as excavadoras e se levaran por diante varias aldeas. Foi entón cando a idílica parroquia comenzara a expectorar po branco aos pulmóns da recén construida central térmica de FENOSA. Aquela chimanea insaciable alimentabase do chan rico en lignito. A mina foi así cobrando forma de burato ciclópeo, ata que se esgotou o carbón. Agora, anegado, é o segundo lago artificial máis grande da Galiza. Así é catalogado polas autoridades.
“Para poder explicarche como eran As Encrobas, terías que pechar os ollos e ver o que vexo eu, cómo era aquela terra”. Con esta nostálxica sentencia comenza o relato, en primeira persoa, sobre a desaparición física da parroquia de Encrobas, devorada pola mina de lignito que Unión Fenosa explota dende o ano 77 e que Xosé Bocixa revive neste documental que recupera a revolta agraria de 1977 contra as expropiacións de terrenos que levara a cabo a eléctrica Fenosa. Fora, xunto a Xove e Baldaio, un dos fitos da luita campesina galega. As paisanas blandían paraugas; os guardas civis, mosquetóns: "É un erro considerar que fose unha batalla puntual, porque se trata da historia dunha destrucción constante. Con o paso do tempo, as casas agrietaranse, o cemiterio veuse abaixo e muitas veciñas fumos desprazadas. Os meus pais remataran a outra beira do val, en Meirama", lembra Bocixa.
A mina pulverizou a parroquia e engordara as arcas municipais. O Concello de Cerceda tambén, con o paso do tempo, albergaría un gran vertedoiro e unha planta de tratamento de residuos con SOGAMA. "Din que aquí hai muita riqueza, pero quen se lucrou? Sen dubida algunha, os políticos e algúns empresarios"; "Muitos veciños teñen traballo, claro... O prezo a pagar foi a destrucción do entorno”. “O val das Encrobas foi o meu paraíso na infáncia, do cal hoxe non resta case nada, mais que un grande buraco cheo de auga e muitas boas e más lembranzas”.
Grandes industrias poluentes e grandes obras públicas que o dia de mañán serán museos da loucura de uns iluminados que foran os líderes dunha sociedade instalada na tv, na mensaxe adormecedora. “Dende que eu sou consciente da miña existencia, medrei o estado de benestar, mais a un prezo muito caro e irreversíble. Outras xerazons van a pagalo moi caro”.
Con imaxens da época e entrevistas actuais, “A Ceo Aberto” revive os enfrontamentos previos á expropiación dos terrenos e servíndose só da imaxe e a voz das protagonistas da “Revolta das Encrobas” e das tres décadas de vida afogada pola explotación mineira de Limeisa e a central térmica de A Lousa, Bocixa relata unha historia “que tiña que contarse e que moitas veces pasa desapercibida pese á súa importancia como oposición ó poder do capitalismo, nun momento en que o pobo buscaba liberdade”, nos albores da “Transición”.
O desarraigo dun pobo que viu afundirse nun inmenso buraco de carbón o seu pasado centra un filme que advirte, ademais, sobre as consecuencias da actividade mineira e térmica que, ainda agora, trinta e sete anos despois, segue sofrindo a viciñanza.