martes, 16 de octubre de 2012

Luns 29 Outubro .- Palestra sobre Non Violencia e Guerra Social e Presentación do libro: "Guerra Social, Tensión Antisocial"

" A Sociedade non tan só tenos ensinado a aceitar a explotación e a xerarquía, senon tambén tenos adestrado para luitar de tal xeito que non sexamos quen de destruir o sistema do Poder, e que só saibamos reformalo mudando as máscaras.

Por unha banda, a Non-Violencia é imprescindíbel para que o Estado manteña o seu monopolio da forza, e pola outra banda, o concepto occidental do individuo e da libertade que se levan no seno de movimentos, incluso revolucionarios, evita calquera ruptura profunda co esquema de dominación.

Estamos colonizadas sen sabelo, ensinadas a reproduzir o Poder mesmo cando nos revelamos".

A charla xirará en torno ao apontado nos libros "Como la No Violencia Protege al Estado" , "23 Tesis en torno a la revuelta"  e "Guerra Social, Tensión Antisocial", este último, acabado de sair e que será apresentado con tal motivo.  

(podedes descarregarvos os dois primeiros nos enlaces aos que vos levan se clicades sobre eles)

viernes, 29 de junio de 2012

Charla; movemento anarquista en rusia


Un anarquista de Moscú falará sobre o movemento anarquista de 
Rusia, sobre seus éxitos e fracasos. Antti Rautiainen viviu en 
Moscú durante 13 anos, participando en actividades anarquistas. En 
marzo deste ano cancelaron o seu visado de residencia alegando que él 
"chamou a destrucción violenta do orde constitucional ou de outro 
modo puxo en perigo a seguridade da Federación Rusa e seus 
cidadans". E membro dos grupos Acción Autónoma (unha federación 
anarquista con grupos nunha docena de cidades) e a Cruz Negra 
Anarquista de Moscú. 

MÉRCORES 4 DE XULLO, AS 8;30 NA BIBLIOTECA ANARQUISTA A GHAVILLA (rua puentelareina nº8)COMPOSTELA, DESPOIS CEADOR VEGANO

jueves, 7 de junio de 2012

Apresentaçom do fanzine "Cam do Palheiro" 3ª feira, martes, 12 de junho ás 20h



A vindoura 3º feira, martes, 12 de junho será apresentado o fanzine "Cam de Palheiro" nesta Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" ás 20h.

Em palavras do autor, a presentaçom deste projecto será performativa, acrata, de escárnio, irónica, enxebre, imaginativa e sem protagonismo dxs autorxs, entre outras cousas. O fanzine está em livre descárrega neste site.
 

viernes, 18 de mayo de 2012

IX XORNADAS ANARQUISTAS DE COMPOSTELA

As charlas serán apartir das 20:30h


Programa das xornadas 


MARTES 22 DE MAIO; Presentación do libro "Drogas ¿unha opción persoal?" 
 Libro recentemente publicado por Distrimaligna. Contaremos cun companheiro desta distribuidora anarquista para presentar o libro e debatir sobre un tema de índole social como é o das drogas 


 VENRES 25 DE MAIO; Charla: 3 de Marzo de 1976, masacre en Vitoria 
 Dende Vitoria virán dous testigos das loitas obreiras asemblearias do momento, brutalmente reprimidas pola policia. Auténtica masacre onde resultaron 4 persoas mortas e máis de 50 feridas de bala. 


 XOVES 31 DE MAIO; Charla: Realidade carcelaria nas últimas décadas 
 A cargo de Javi de Ávila, actualmente en terceiro grao penitenciario, que participou en todas as loitas dxs presxs pola sua dignidade, dende a COPEL. 


 VENRES 1 DE XUNHO; Debate: anarquismo e liberación nacional 
 Cunha introducción previa dende un punto de vista histórico e actual no mundo e en particular na Galiza. 


VENRES 8 DE XUNHO; Charla sobre a escola livre Ruka Inche (Chile) e video "De la cuna a la cárcel... por ser pobre" 
 Un compañeiro de Chile que traballa actualmente na escola Ruka Inche nos contará como naceu o proxecto e a sua situación actual. 


SÁBADO 9 DE XUNHO; Charla coloquio con A. M. Bonanno 
 Anarquista italiano que adicou toda unha vida á difusión dun proxecto revolucionario insurreccional. Redactor de varios publicacións libertarias, polas que tivo constantes condeas por "propaganda subversiva", e autor de numerosos libros, entre outros Gioia Armata, prohibido en Italia e polo cual pagou 9 meses en prisión. 


 DOMINGO 10 DE XUNHO; Roteiro histórico polos CC. SS. okupados da cidade de Compostela. Saída dende a Sala Iago (rúa do vilar) ás 12h

miércoles, 2 de mayo de 2012

II Ceador Vegano en apoio a presxs (3-maio)

Insistimos na nosa teima en apoiar ás persoas presas... e como prometimos en abril, voltamos cun segundo ceador sen sufrimento animal e solidario coas secuestradxs nos centros de exterminio do estado.
E así seguiremos ata o vrao...
Os primeiros xoves de cada mes, apartir das 22h... En fin, vémonos o 3 de maio!!
e seguiremos lembrando nos seguintes meses...

lunes, 23 de abril de 2012

XOVES 26 DE ABRIL ÀS 20h : PALESTRA e CEADOR VEGANO


 
Co gallo do 1º de Maio ofertamos esta palestra-debate sobre as origens desta Festa institucionalizada e que como Anarquistas reivindicamos como Día de Rebelión e non de Descanso, un Día de Protesta contra a Opresión e a Tiranía, contra a Ignorancia...

“RECUPERANDO O PRIMEIRO DE MAIO. HISTORIA DOS MÁRTIRES E A IDEA DE CHICAGO”

 e depois:

CEADOR VEGANO

miércoles, 14 de marzo de 2012

21-22 Marzo às 19h - Obradoiro de Primeiros Auxilios

-Queimaduras, feridas, reanimación cardiopulmonar

Pola autoxestión da nosa seguranza e a nosa saúde

Días 21 e 22 de Marzo de 19:00 a 21:00

jueves, 8 de marzo de 2012

Sábado 10 às 20 horas.- Palestra Radio QK (Uvieu) e depois, Ceador Vegano

Tras case 30 anos de emisión ininterrumpida, unha das radios lbres máis veteranas do estado, enfrontase a problemas xudiciais que poderían sinificar o seu feche. O 9 de novembro de 2011 a comunidade de propietarios do edificio onde atopase ubicada a Radio QK, recebeu unha carta da "Jefatura Provincial de Inspección de Telecomunicaciones" na que se lles notificaba a existencia no tellado dun centro emisor en FM (antena) sen autorización e ameazalles con una sanción de ata 500.000 € en caso de non identificar ao propietario da mesma. Situaciones similares viviron as outras radios libres de Asturies: Radio Sele , Radio Nava e Radio Kras.

Compas ovetenses falarán da traxectoria e historia da RadioQK e da problemática actual à que se enfrontan os medios libres de difusión e contrainformación nas ondas asturianas.

Depois da palestra haberá un riquísimo Ceador Vegano.

Máis información sobre a persecución às que están sendo sometidas as radios libres asturianas por parte da "Jefatura Técnica de Telecomunicaciones" en Asturies neste enlace de radio QK