Ante todo e, en primeiro lugar agradecer, unha vez máis, a Cora Peña pola sua grata presencia na charla posterior à proxección do documental "Apash, os de fóra" con o que iniciamos esta nova andaina do Cinema-Forum de "A Ghavilla". En segundo lugar pedir novamente desculpas pola metedura de zoca no horario dos cartazes colados e nos flayers repartidos, feito polo que, varias persoas que chegaron pontoais (segundo a hora do cartaz) non puideron desfrutar do documental (grazas pola vosa comprensión do erro) se ben si quedaron á animada charla con Cora sobre este documental e sobre o seu novo proxecto "Tesouro de Corcoesto", que, segundo algún dos asistentes asiduos, foi das mellores experiencias que se pasaron no noso local en muito tempo.
E, como de todo se aprende, despois de valorar os pros e contras do horario, imos probar fazer as proxeccións nen as 20 nen as 22, senón as 21 horas dos martes (comenzando pontoais como nos cinemas comerciais) co gallo de dar tempo a chegar à Ghavilla à xente que remata de currar ou de ir a aulas as 20 e para non acabar moi tarde e ter tempo abondo para a posterior charla.
Ata agora hai previstas duas proxeccións para as vindeiras duas semanas, e é intención nosa que a programación vaia saíndo con aportacións e/ou suxerencias de todas, a tal efecto convidamos a fazer propostas tanto no local como a través do noso correo: bibliotecanarquista@gmail.com
Os vindeiros pases previstos son: O martes 12 o filme-documental sobre Palestina "5 Cámaras Rotas" e o martes 19 o docu "Falso Orgasmo" relacionado co tema queer e que xera debates interesantes respecto o tema, e para esta ocasión contaremos con unha compa da revista de pensamento anarco queer e antipsiquiatría "A Revolta dxs Caracois", quen encauzará o máis que factible posterior debate.
Ampliaremos a información destas proxeccións en vindeiras entradas específicas neste noso blogue.