lunes, 11 de noviembre de 2013

Martes 12 às 21:00' no Cinema Forum Anarquista.- 5 Cámaras Rotas


Emad é un xoven palestino aficionado ás cámaras domésticas de video. Vive en Bil'in, ao oeste da cidade de Ramala, en Cisjordania.

En 2005 a poboación civil palestina que aparece neste filme vive tranquilamente nas súas casas, explotando as súas oliveiras, ata que un día aparecen os soldados de Israel dispostos a asentarse nese territorio. A intención destes é levantar alí novos asentamentos. Os palestinos verán entón como cambia radicalmente a súa existencia. As excavadoras israelíes chegaran a Bil'in para construir o muro que delimitará o perímetro dun xigantesco asentamento xudeu. Con a sua cámara, decide gravar todo o que vai acontecendo, pero os israelís iranlle destruíndo unha a unha cada cámara coa que recolle as súas accións. Cinco cámaras serán necesarias para reunir a realidade dunha invasión violenta nas súas terras.

Entanto os ataques israelitas destrozan unha cámara tras outra e, con elas, as vidas dalgúns dos seus compañeiros, Emad segue adquirindo novas cámaras e filmando o que se pasa ao seu redor.

E, en paralelo, vai grabando tambén o crecimento do seu fillo Gibreel Emad, nacido nos primeiros días do movimento cidadán de resistencia palestina contra a invasión israelita.

Cada cámara é un período e con elas, o codirector vai deixando testemuño dos esforzos dos palestinos para evitar o asentamento, pero tamén deixa constancia da tenacidade dun colectivo constantemente agredido, pero sempre alerta e disposto á resistencia.

Un retrato único, persoal e dende a primeira fila dun dos movimentos de resistencia palestinos máis famosos.

ATENCIÓN NOVO CAMBIO DE HORARIO.- COMENZO as 21:00'