“Toda verdade pasa por tres estadios.
No primeiro, ela é ridicularizada.
No segundo, é rexeitada con violencia.
No terceiro, é aceptada como evidente por si mesma.”
No primeiro, ela é ridicularizada.
No segundo, é rexeitada con violencia.
No terceiro, é aceptada como evidente por si mesma.”
Schopenhauer
"Da Servidume Moderna" é un documental de 52 minutos con realización e texto de Jean-François Brient e edición de Victor León Fuentes, realizado a partir de imaxens desviadas, esencialmente orixinarias de filmes de ficción e de documentales transixentes con o sistema tais como “O clube da luita”, “Réquiem por un soño”, “Memorias do saqueo”, ..., “Da servidume moderna” en 20 capítulos de corta duración, con apartados ben delimitados, vai analizando as miserias deste sistema baseado na supeditación do diñeiro e fai meditar ás espectadoras sobre a súas propias condicións de escravas modernas no marco do sistema totalitario mercantil e dar a coñecer as formas de mistificación que ocultan a sua condición de servas. Mais, por favor, non o tomedes todo o que di ao pé da letra. Analizadeo, meditadeo e, despois, e se vos resulta plausible, acatadeo. Nunca ao revés.
As seguintes palabras dos seus autores están extraídas da web deste documental:
"O obxetivo principal deste filme é o de por ao día a condición do escravo moderno dentro do sistema totalitário mercantil e de evidenciar as formas de mistificación que ocultan esta condición servil. Ele foi concebido com o único obxetivo de atacar de frente a organización dominante do mundo.
Este filme é antes de todo unha ferramenta militante feita con o propósito de que un número grande de persoas se cuestionen e difundan a crítica por todos os lados e sobretodo onde ela non ten aceso. Non precisamos dun gurú que veña explicarnos como debemos axir: a liberdade de acción debe ser nosa característica principal. Aqueles que desexan permanecer escravos seguirán esperando o seu mesías ou a doctrina que baste seguir ao pé da letra para libertarse. Xa vimos muitas destas obras ou destes homes na historia recén, que se propuseran constituir a vanguarda revolucionária e conducir o proletariado rumo a liberación da súa condición. Os resultados destes pesadelos falan por si mesmos.
Aqueles que dirán que esta obra non é suficientemente revolucionaria ou realmente radical ou incluso unha incitación á violencia, convidolles a propor a súa propia visión do mundo no cal vivemos.
A crise econômica, social e política revelou o fracaso patente do sistema totalitário mercantil. Unha brecha aberta. Tratase agora de atreverse a lanzarse sen medo pero de maneira estratéxica. Mas temos que axir rápido pois o poder, perfeitamente informado sobre o estado de radicalización das contestacións, prepara un ataque preventivo sen precedentes. A urxencia dos tempos nos impón a unidade en vez da división pois canto nos une é máis profundo do que nos separa. É muito fácil criticar o que fan as organizacións, as persoas ou os diferentes grupos inspirados pola revolución social, mas na realidade, estas críticas proveñen da vontade inmobilista que tenta convencernos de que nada é posíbel. Non hai que errar de inimigo. As vellas discusións deben dar lugar á unidade de acción de todas nosas forzas. Hai que dubidar de todo, mesmo da dúbida.
O filme está libres de dereitos, e poden ser copiados, difundidos e proxectados sen a menor dúbida. Son ademais gratuitos e non poden ser vendidos nen comercializados baixo nengunha circunstancia. Esta película, difundida por fora de calqueira circuito legal ou comercial, non podería existir sen o apoio das persoas que organizan a súa difusión ou proxección. Non nos pertenece, pertenece a quen queiran tomalo para lanzalo á liña de lume".
Jean-François Brient e Victor León Fuentes
As cadeas xa non son de aceiro, agora son de papel moneda.
Ficha Técnica:
Realización e texto: Jean-François Brient
Edición: Victor León Fuentes
Duración: 52 minutos.
Ano: 2009.
Categoría: Documental.
Productor: Les temps Bouleversés