miércoles, 18 de septiembre de 2013

Reapertura da Biblio - Novo Horario provisorio

Despois de duas xornadas apaixonantes, con participación de muita xente, tanto o luns, na presentación de Pedro García Olivo do seu último libro "Cadaver a la Intemperie", como o martes con o 1ª día das Xornadas "A Loucura na Corda" da mao de "Branda" con a palestra; "Os efectos da nova reforma do Código Penal sobre as persoas con diagnóstico psiquiátrico. A fiscalización das vidas" e as compas da Assemblea de Majaras de Barcelona con unha moi interesante dinámica de grupo que, dada a inxente cantidade de persoas dispostas a participar, mesmo desbordou as suas pretensións iniciais; non podemos máis que sentirnos plenamente satisfeitas desta Reapertura.

Queremos tambén aproveitar para agradecer às persoas que nos botaron unha man para ter todo disposto para elo, e fazervos chegar que a Biblioteca Anarquista está aberta para quen quixer utilizala como espazo de difusón de ideas anarquistas (e/ou antisistema).

Con isto, dizer que dende a vindoura semana, e de xeito provisorio, imos abrir a Biblioteca todos os martes de 19:30' atá 22:00' (agardamos en breve ampliar horarios).

Tambén comentar que a partir do martes 1 de outubro recuperamos o Cinema-Forum de "A Ghavilla" con novos filmes e documentais, que iremos anunciando no blogue.

Ademais seguirá habendo charlas moi interesantes e outras actividades, mais non imos adiantar nada de momento.

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Martes 17 a partir das 18:00' - Xornadas “A Loucura na Corda”

"A Ghavilla" vai ser un dos locais colabouradores das Xornadas que, baixo o título: “A Loucura na Corda”, celebraranse en Compostela entre o 17 e o 20 de setembro en diferentes espazos da cidade. Segundo xs organizadorxs: "Con estas xornadas búscase visibilizar, dun xeito aberto, diferentes perspectivas en torno á saúde mental, máis aló da perspectiva exclusivamente médica (que tamén estará presente), coa intención de achegar un pouco máis esta realidade tantas veces invisibilizada, e tantas outras estigmatizada".

Asín estas xornadas comezaran o Martes 17 no noso local: A Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" con estas duas palestras:

- as 18 horas: Os efectos da nova reforma do Código Penal sobre as persoas con diagnóstico psiquiátrico. A fiscalización das vidas. con José Ángel Brandariz

- as 19 horas: Desmontando a psiquiatría: Non é símbolo de saude non estar adaptado a unha sociedade enferma. Por Asamblea de Majaras

- Despois haberá Ceador Vegano

Para ver o calendario completo desta interesantísimas Xornadas, vos convidamos a visitar o blogue da Revista Anarquista "Abordaxe" (acá)

Contacto para + info: xornadas.a.loucura.na.corda@gmail.com

domingo, 8 de septiembre de 2013

Luns 16 setembro as 20:30' : Volvemos a abrir as portas con a presentación do último libro de Pedro García Olivo: «Cadáver a la Intemperie»

"Como auga de maio en setembro" caenos por acá o Pedro García Olivo no seu segundo ciclo de presentacións (polo norte e noroeste da península) do seu último libro (que intuímos que non será o derradeiro) «Cadáver a la Intemperie» editado por logofobia

Pedro virá acompañado por outra persoa desta editorial anticomercial e nos primeros 10 minutos da charla van ir adicados a falar da acampada contra as liñas electricas de Moi Alta Tensión (MAT) que se está realizando en Girona, dado que algun compañeiro de seu está por alá, tema que consideran moi interesante (nos tambén) e do que necesitan apoio por aquilo cren (e cremos) importante darlle difusión. (podedes atopar información sobre a loita anti MAT no seu blogue: www.torresmasaltashanciado.espivblogs.net

Colamos de seguido a crítica, que do libro, fan as compas da librería e editorial libertaria Malatesta: "«Cadáver á Intemperie» é posiblemente a obra máis completa de Pedro García Olivo, onde recolle as súas principais teses contra os valores e as institucións capitalistas que fan da democracia un sistema totalitario -de aí a aparición do concepto «Demofascismo». «Cadáver...» céntrase nos aspectos socio-políticos que levan á domesticación do ser humano, resultando así a destrución doutras formas de vida.

García Olivo, dende postulados foucaultianos e nietszcheanos, entende que os seres humanos de hoxe están forxados homoxeneamente pola civilización occidental. Dende a súa reflexión sobre o Pensamento Único contribúe á crítica das formacións culturais dominantes. Así, somete unha importante crítica ao postmodernismo e á antropoloxía académica que, na súa opinión, axudan a aniquilar a «diferenza» cultural para convertela en mera «diversidade», como corresponde a un multiculturalismo de corte demofascista. Tamén lle dedica un considerable espazo á análise das loitas en América Latina e no Estado español, incorporando temas de actualidade, como os debates sobre a violencia, o 15-M, o experimento político da Venezuela de Chávez, o Movemento Guatemalteco, a situación de Cuba ou as súas experiencias co EZLN.

En definitiva, estamos ante unha obra que non nos deixará indiferentes urxente na súa actualidade, imprescindible para coñecer e recoñecer, como ben anuncia o seu epílogo, ao máis feo dos homes.