Cora Peña estará con nós para iniciar esta nova tempada do noso “Cinema Forum Anarquista” o martes 5 de novembro ás 20:00' horas, con a proxección de “Apash, os de fóra” e depois falaremos sobre ele e o seu novo proxecto "Tesouro de Corcoesto".
“Apash, os de fóra” é unha película documental independente de case 90 minutos, trátase dunha peza audiovisual na que a realizadora e operadora free lance Cora Peña, veciña de Teo, se achega á realidade do pobo jíbaro e a súa situación na Amazonía peruana, principalmente o xeito no que conviven coas consecuencias da globalización. Os jíbaros habitan este territorio desde hai 1.200 anos, e atoparanse de cote enfrontándose aos apash (na súa língua, “os que veñen de fóra”).
Mostrando entradas con la etiqueta presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta presentación. Mostrar todas las entradas
jueves, 24 de octubre de 2013
domingo, 8 de septiembre de 2013
Luns 16 setembro as 20:30' : Volvemos a abrir as portas con a presentación do último libro de Pedro García Olivo: «Cadáver a la Intemperie»
"Como auga de maio en setembro" caenos por acá o Pedro García Olivo no seu segundo ciclo de presentacións (polo norte e noroeste da península) do seu último libro (que intuímos que non será o derradeiro) «Cadáver a la Intemperie» editado por logofobia
Pedro virá acompañado por outra persoa desta editorial anticomercial e nos primeros 10 minutos da charla van ir adicados a falar da acampada contra as liñas electricas de Moi Alta Tensión (MAT) que se está realizando en Girona, dado que algun compañeiro de seu está por alá, tema que consideran moi interesante (nos tambén) e do que necesitan apoio por aquilo cren (e cremos) importante darlle difusión. (podedes atopar información sobre a loita anti MAT no seu blogue: www.torresmasaltashanciado.espivblogs.net
Colamos de seguido a crítica, que do libro, fan as compas da librería e editorial libertaria Malatesta: "«Cadáver á Intemperie» é posiblemente a obra máis completa de Pedro García Olivo, onde recolle as súas principais teses contra os valores e as institucións capitalistas que fan da democracia un sistema totalitario -de aí a aparición do concepto «Demofascismo». «Cadáver...» céntrase nos aspectos socio-políticos que levan á domesticación do ser humano, resultando así a destrución doutras formas de vida.
García Olivo, dende postulados foucaultianos e nietszcheanos, entende que os seres humanos de hoxe están forxados homoxeneamente pola civilización occidental. Dende a súa reflexión sobre o Pensamento Único contribúe á crítica das formacións culturais dominantes. Así, somete unha importante crítica ao postmodernismo e á antropoloxía académica que, na súa opinión, axudan a aniquilar a «diferenza» cultural para convertela en mera «diversidade», como corresponde a un multiculturalismo de corte demofascista. Tamén lle dedica un considerable espazo á análise das loitas en América Latina e no Estado español, incorporando temas de actualidade, como os debates sobre a violencia, o 15-M, o experimento político da Venezuela de Chávez, o Movemento Guatemalteco, a situación de Cuba ou as súas experiencias co EZLN.
En definitiva, estamos ante unha obra que non nos deixará indiferentes urxente na súa actualidade, imprescindible para coñecer e recoñecer, como ben anuncia o seu epílogo, ao máis feo dos homes.

miércoles, 23 de noviembre de 2011
Palestra presentación "CUL DE SAC" Revista de Pensamento Crítico
Onte publicavamos neste blogue a convocatoria da palestra no espacio liberado Sala Yago, hoxe, depois do desaloxo producido só minutos depois de ser colgada a noticia temos que dizer ben alto que : SEGUIMOS EN PÉ e transaladamos a charla ao noso (e voso) local da rua Ponte la Reina nº 8 (Belvis) e ademais, para coller forza e seguir polo bo camiño, depois da palestra haverá unha riquísima CEA VEGANA
Vidos desde Alacant, os membros do colectivo editorial da Revista "Cul de Sac" falarán do 1º número adicado à Luita contra o Progreso e o Desenvolvemento Destruitivo que padecemos e avanzarán a temática do 2º número adicado ao Control Social.
Venres 25 novembro às 21:00' na "Ghavilla"
sábado, 14 de mayo de 2011
Presentación do libro "Ejércitos en las calles"
Dentro da xira de entre o 17 e o 21 de maio, a cargo de dous compañeiros de Bardo edicións, terá lugar á presentación dos libros:
- Ejércitos en las calles. Algunas consideraciones sobre el informe Urban Operations in the year 2020 de la OTAN
- Si vis pacem. Repensar el militarismo en la época de la guerra permanente: Textos de las Jornadas Antimilitaristas de Barcelona, septiembre de 2010
O Exército continua a ser, e así será porque está na súa esencia, unha ferramenta dos Estados para intervir noutros territorios, mediante a súa participación en guerras ou ocupacións, de cara a defender e fortalecer os intereses económicos da clase dominante. Porén, a actuación do exército non se limita ao exterior das fronteiras legais do Estado, senón que, sumándose ás restantes forzas de represión, é empregado para controlar tamén á poboación propia. Unha realidade esta que, se ben xa a vivimos recentemente coa militarización do espazo aéreo tras a declaración do Estado de Alarma en decembro do ano pasado, farásenos cada vez máis presente nun contexto de crise permanente e degradación universal onde a dominación pretende saír reforzada a toda costa:
“Para os que se obstinan en pensar que o razoamento aquí detallado concierne soamente ao limes do imperio, e non ao seu centro orgánico, para os que queren de todos os xeitos proxectar a escena do conflito noutro lugar calquera con tal de que non sexa aquí, en fin, para os que aínda continúan sentíndose “en paz” co existente (ou sexa, cunha existencia de paz), no informe simúlase unha intervención da OTAN nun teatro de operacións no cal as “cidades de interese estratéxico” non son nin Teherán (Irán), nin Pyongyang (Corea do Norte), nin "como hipótese extrema" Pequín (China), senón que son as cidades francesas de Rouen, Lle Havre, Evreux e Dieppe.
O control preventivo e a represión de sublevacións ou insurreccións eventuais volveranse cada vez máis prerrogativas do exército, o cal terá que efectuar, por tanto, verdadeiras funcións de policía territorial, mentres esta se “paramilitariza”. Ademais de controlar o territorio, o exército terá que levar a cabo actividades de xestión da poboación civil: xestión física (refuxiados, evacuados, etc.) e xestión psicolóxica (control e monopolio das informacións, relacións coas autoridades locais, pero tamén con todas as realidades asociativas dispostas a colaborar).
Nesta perspectiva será necesario dotar ás forzas armadas dunha adecuada preparación para conflitos urbanos, para evitar a histórica “incoercibilidade” das “forzas rebeldes” na guerra asimétrica. Ao mesmo tempo, será preciso afacer á xente a ver aos militares patrullando as cidades, para que ninguén, por máis avezado e/ou aterrorizado que estea, arrísquese a mover un dedo (nin sequera o do medio).
Estamos a nos dirixir cara a un “Estado militarizado”. Tanto as tropas asignadas a Pianura (Nápoles) como as que están en Via Padova (Milán) lémbrannos que, de feito, o ano 2020 non está tan lonxe.”
De bardoediciones.net
Ademais de en Compos estarán:
Martes 17 de maio, ás 20h en Vigo no CS Cova dos Ratos (R/Romil 3)
Xóves 19 de maio, ás 19:30h en Pontedeume (CSO A Casa da estación, Avda. do Ferrol)
Venres 20 de maio en Ferrol (Espazo Libertario de Ferrol, Avda Esteiro 10 bx)
Sábado 21 de maio,ás 20:00h en Coruña (CS Atreu!, t/sam josé 2-bx)
Máis info en:
Bardo Ediciones -aquí-
Espazo Aberto Antimilitar -aquí-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)