Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxia. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de octubre de 2013

Martes 5 de novembro ás 20:00' horas Inauguramos nova tempada do noso “Cinema Forum Anarquista” con a proxección do documental “Apash, os de fóra” da realizadora Cora Peña

Cora Peña estará con nós para iniciar esta nova tempada do noso “Cinema Forum Anarquista” o martes 5 de novembro ás 20:00' horas, con a proxección de “Apash, os de fóra” e depois falaremos sobre ele e o seu novo proxecto "Tesouro de Corcoesto".

“Apash, os de fóra” é unha película documental independente de case 90 minutos, trátase dunha peza audiovisual na que a realizadora e operadora free lance Cora Peña, veciña de Teo, se achega á realidade do pobo jíbaro e a súa situación na Amazonía peruana, principalmente o xeito no que conviven coas consecuencias da globalización. Os jíbaros habitan este territorio desde hai 1.200 anos, e atoparanse de cote enfrontándose aos apash (na súa língua, “os que veñen de fóra”).

lunes, 10 de junio de 2013

Martes 11 as 20:00' Palestra «Megamineria na Galiza e situación en Corcoesto» dentro das Xornadas Antidesenvolvimento de Compostela

Estas Xornadas están a ser realizadas nos diferentes espazos alternativos ubicados nesta cidade, e se a semana pasada xá houvo palestras interesantísimas na Gentalha do Pichel e no CSO A Casa do Vento, agora é a nosa quenda na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" con esta palestra de mañán Martes 11 às 20h: «Megamineria na Galiza e situación en Corcoesto».

Ademais seguirán no CS Arredista, e no CSO Casa do Vento que repite, con estoutros temas a tratar:

Mércores 12: Roteiro «A nova depuradora de Compostela». Saída da Casa do Vento (con carros) às 18h.
Xoves 13: «Estratéxias de loita fronte agresións ambientais» – Mesa redonda: Quilmas, Fumigacións non, ILP contra as incineradoras. Na Casa do Vento às 20h.
Venres 14: «SOS Courel fronte à legalización de abusos en zonas protexidas e afectadas contra as cimenteiras do Iríbio». No CS Arredista às 20h

lunes, 27 de mayo de 2013

Martes 28 maio às 21:00' Terra Sublevada 1 - Ouro Impuro (2009) no Cinema-Forum

Co gallo de animar a participar no actos contra as Minas previstos cara esta fin de semana e colabourar a coñecer as desfeitas que se propón "desfazer" a Xunta de Feijoo ao respeito do seu "slogan" de venda da nosa terra: "Galicia é unha Mina", no Cinema-Forum de "A Ghavilla" vos convidamos a visionar mañán 28 de maio às 21:00 este filme de Pino Solanas (realizador, guionista e productor arxentino) "Terra Sublevada 1.- Ouro Impuro".

"Terra Sublevada" é unha obra dividida en duas partes independientes entre si: Ouro Impuro (sobre as minas de ouro a ceo aberto) e Ouro Negro (sobre os hidrocarcuros) onde o director prantexa unha viaxe cara a depredación e saqueio dos recursos minerais e das luitas contra a crecente contaminación:

Nos anos 90 as políticas neoliberais entregaran o petróleo e a minería às corporacións. Usando substancias tóxicas e métodos extractivos depredadores, contaminaron as napas de auga e máis o medio ambiente. A terra reaccionou frente ao maltrato: os cortes de ruta e as asambleas dxs ambientalistas fixeron nacer unha nova consciencia pola salvaguarda da vida e a recuperación dos recursos minerais.

Este primeiro filme que veremos mañán 28 de maio é "Ouro Impuro", unha viaxe arredor dalgunhas das exploracións a ceo aberto con cianuro que as corporacións instalaron no noroeste arxentino --San Juan, La Rioja, Catamarca, Tucumán Salta - e a reacción das poboacions aledañas frente à contaminación. Nos mega-xacementos -como Bajo la Alumbrera e Veladero- voanse os cerros con explosivos e utilizanse a diario de 80 a 100 millóns de litros de auga potable que son mixturados con 10 toneladas de cianuro. Ao ano, son 4000 toneladas. Non só estas cifras sorprenden, o saqueio impune das riquezas costa dar crédito: as mineras extraen e exportan sen control público pagando de regalías sobre ouro, cobre e prata e levanse gratis máis de 60 metais. Deixan apenas o 1,5% porque descontan os gastos de extracción, moenda e flete atá o porto de destiño e están exentas da case totalidade dos impostos. Só Alumbrera exporta por máis de u$s 1500 millóns ao ano.

"Terra Sublevada" - Iª "Ouro Impuro"- é unha obra coral contada polos seus protagonistas: inxenieiros, mestres, chacareros, indíxenas, ambientalistas, viciñanza, que fan fundamentadas denuncias e contan conmovedoras historias de resistencia à depredación e saqueio das mineras. Estimulados pola luita dos asambleístas de Gualeguaychú contra a instalación da fábrica de papel Botnia, o movimento ambientalista logrou que en sete provincias --Chubut, Río Negro, La Pampa, Mendoza, San Luís, Córdoba, Tucumán- prohíbirase a minería a ceo aberto con substancias tóxicas.

"Ouro Impuro" fora rodada nas provincias arxentinas de Catamarca, San Juan, la Rioja, Tucumán e Salta. Componse dunha introducción, dez capítulos e un epílogo. Os capítulos son: 1) A megaminería; 2) Viaxe a Minera Alumbrera; 3) O que se levan; 4) O que nos deixan; 5) A vida pobre; 6) Sobornos e resistencias; 7) Complicidade e xustiza; 8) O poder de Barrick Gold; 9) A auga vale máis que o ouro; 10) Asambleas Cidadáns; Epílogo aberto.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Luns 26 de Novembro às 20:30' .- Palestra "Novas ameazas do progreso na Galiza : As plantas de Biomasa"

Palestra a cargo dun compañeiro do Ateneo Libertario de Ponteareas "Lume Negro", quen xá levan feito un bo traballo de comunicación e denuncia ao respeito do que non contan sobre estas plantas de biomasa.

Na palestra falará da problemática das plantas de biomasa para producir electricidade a nivel galego, exemplificándoa no conflito da comarca de Ponteareas.

Habrá Ceador Vegano.