domingo, 24 de noviembre de 2013

Martes 26 ás 21:00h - proxección de "Kandahar" no Cinema-Forum

Este Martes 26 de Novembro continúa o Cinema-Forum da Biblioteca Anarquista "A Gavilla". Desta vez proxectaremos "Kandahar" un filme que afonda na situación de Afganistán durante o réximen talibán, un réximen dictatorial extremo en todos os niveis, que se cebou especialmente con as principais víctimas do terrorismo cotiá e xeralizado: As mulleres. Unha ollada a un país onde as mulleres non teñen dereito nin a súa propia imaxe, mentres viven, tras o burka, unha realidade atroz. Un filme cun guión reflexivo e unha soverbia fotografía e composición, qué nos axudan a comprender unha realidade sociolóxica extrema.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Martes 19 ás 21:00' - "FALSO ORGASMO" no Cinema Forum Anarquista

Presentámosvos (a quen non o coñeza) un magnífico documental dirixido por Jo Sol en 2009, que fai referencia ao famoso Lazlo Pearlman, quen con humor e sarcasmo trata de desvelar todos eses absurdos clixés que existen no sexo. Avalado con testemuños reais e divertidos, o documental pon en evidencia eses absurdos mitos que se tecen sobre o sexo e as relacións.

Sinopse: "Lazlo Pearlman é un artista conceptual, un prestigiador dos clixés, un activista capaz de dinamitar os nosos prexuízos e os nosos dogmas sobre sexo e identidade. O que en aparencia é unha divertida reflexión sobre as mentiras na nosa vida sexual convértese de pronto nun punzante discurso sobre a teoría de xénero e a permanente evolución da nosa identidade. "Fake Orgasm" golpea a mente e obriga un cambio de perspectiva para reformularse algúns conceptos cos que nos educaron e crecemos. Haberá que buscar novos caixóns onde reordenar cousas como a nosa virilidade, a nosa libido ou a nosa barbie superstar".

Estamos ante un documental impactante dende o minuto cero ata o final -nihilista, cheo de pureza e transgresión- sobre a orixe dos conceptos, a moral e os roles socialmente adquiridos. Unha reflexión que xurdiu circunstancialmente, tras o encontro do director e o protagonista, Lazlo Pearlman, en Donostia.

Trátase dun documental cunha sensibilidade inigualable e cun alto contido artístico e filosófico.

É imposible velo e ficar inmune!
Hai que vela!!

Contaremos con unha compañeira feminista anarco queer de Lugo, que animará o posible debate de despois da proxección do documental.

Ficha Técnica:
Director: Jo Sol
Intérpretes: Lazlo Pearlman, Lydia Lunch e Veronika Arauzo.
Guionista: Jo Sol.
Ano: 2009
Duración: 81 min.
Data de estreno: 10 / 12 / 2010.

Xoves 28 as 20:00' "Díaz: Non pulire questo sangue" no ciclo de Cinema Anti-repressivo de Silveira

O Amplo Movimento Anti-Repressivo "Silveira" contactou con nós para disponibilizar o noso espazo da "Ghavilla" como un dos locais onde proxectar este ciclo de cinema que comenza mañá xoves 14 as 19:00 na faculdade de filosofía e durante 4 semanas percorrerá (por esta orden) a biblioteca "Anxel Casal", "A Ghavilla" e o CSO "A Casa do Vento" (información dos filmes e horarios no cartaz).

Así o xoves 28 de novembro as 20:00' proxectarase en "A Ghavilla" o filme "Díaz: Non pulire questo sangue" (Díaz: non limpedes este sangue) de Daniel Vicari

Baseada en feitos reais, a película narra a noite en que se organizou o Contracumio do G8 na cidade de Xénova, en forma de rebatemento ao Cumio do G8 por parte do movemento antiglobalización. Esa noite producíronse varios incidentes, entre eles, o tráxico asalto á escola Díaz, un lugar de acollida para xornalistas acreditados e para manifestantes. Varias persoas achábanse diante desta escola manifestándose. Tras un aviso por parte dos veciños da zona, denunciouse un ataque cara ao corpo policial, polo que as forzas do Estado italiano decidiron asaltar a escola. Aínda que os manifestantes que se encontraban dentro levantaron as mans en sinal de entrega, a policía irrompeu e producíronse diversos incidentes violentos de forma excesiva, brusca e agresiva. Díaz, non limpedes este sangue narra dende a posición de policías, manifestantes e xornalistas, os sucesos tráxicos de noite do asalto á escola, que remataron con persoas feridas e numerosos detidos.

Tambén haberá ceador vegano e os cartos recadados nele serán para financiar este Amplo Movemento.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Martes 12 às 21:00' no Cinema Forum Anarquista.- 5 Cámaras Rotas


Emad é un xoven palestino aficionado ás cámaras domésticas de video. Vive en Bil'in, ao oeste da cidade de Ramala, en Cisjordania.

En 2005 a poboación civil palestina que aparece neste filme vive tranquilamente nas súas casas, explotando as súas oliveiras, ata que un día aparecen os soldados de Israel dispostos a asentarse nese territorio. A intención destes é levantar alí novos asentamentos. Os palestinos verán entón como cambia radicalmente a súa existencia. As excavadoras israelíes chegaran a Bil'in para construir o muro que delimitará o perímetro dun xigantesco asentamento xudeu. Con a sua cámara, decide gravar todo o que vai acontecendo, pero os israelís iranlle destruíndo unha a unha cada cámara coa que recolle as súas accións. Cinco cámaras serán necesarias para reunir a realidade dunha invasión violenta nas súas terras.

Entanto os ataques israelitas destrozan unha cámara tras outra e, con elas, as vidas dalgúns dos seus compañeiros, Emad segue adquirindo novas cámaras e filmando o que se pasa ao seu redor.

E, en paralelo, vai grabando tambén o crecimento do seu fillo Gibreel Emad, nacido nos primeiros días do movimento cidadán de resistencia palestina contra a invasión israelita.

Cada cámara é un período e con elas, o codirector vai deixando testemuño dos esforzos dos palestinos para evitar o asentamento, pero tamén deixa constancia da tenacidade dun colectivo constantemente agredido, pero sempre alerta e disposto á resistencia.

Un retrato único, persoal e dende a primeira fila dun dos movimentos de resistencia palestinos máis famosos.

ATENCIÓN NOVO CAMBIO DE HORARIO.- COMENZO as 21:00'

jueves, 7 de noviembre de 2013

Cinema-Forum Anarquista.- Reflexións e vindeiras proxeccións

Ante todo e, en primeiro lugar agradecer, unha vez máis, a Cora Peña pola sua grata presencia na charla posterior à proxección do documental "Apash, os de fóra" con o que iniciamos esta nova andaina do Cinema-Forum de "A Ghavilla". En segundo lugar pedir novamente desculpas pola metedura de zoca no horario dos cartazes colados e nos flayers repartidos, feito polo que, varias persoas que chegaron pontoais (segundo a hora do cartaz) non puideron desfrutar do documental (grazas pola vosa comprensión do erro) se ben si quedaron á animada charla con Cora sobre este documental e sobre o seu novo proxecto "Tesouro de Corcoesto", que, segundo algún dos asistentes asiduos, foi das mellores experiencias que se pasaron no noso local en muito tempo.

E, como de todo se aprende, despois de valorar os pros e contras do horario, imos probar fazer as proxeccións nen as 20 nen as 22, senón as 21 horas dos martes (comenzando pontoais como nos cinemas comerciais) co gallo de dar tempo a chegar à Ghavilla à xente que remata de currar ou de ir a aulas as 20 e para non acabar moi tarde e ter tempo abondo para a posterior charla.

Ata agora hai previstas duas proxeccións para as vindeiras duas semanas, e é intención nosa que a programación vaia saíndo con aportacións e/ou suxerencias de todas, a tal efecto convidamos a fazer propostas tanto no local como a través do noso correo: bibliotecanarquista@gmail.com

Os vindeiros pases previstos son: O martes 12 o filme-documental sobre Palestina "5 Cámaras Rotas" e o martes 19 o docu "Falso Orgasmo" relacionado co tema queer e que xera debates interesantes respecto o tema, e para esta ocasión contaremos con unha compa da revista de pensamento anarco queer e antipsiquiatría "A Revolta dxs Caracois", quen encauzará o máis que factible posterior debate.

Ampliaremos a información destas proxeccións en vindeiras entradas específicas neste noso blogue.

lunes, 4 de noviembre de 2013

Xoves 7 ás 20:00' Magosto e Títeres

Con muito gosto anunciamos este Magosto.

Nele contaremos con a presencia da Compañía de Títeres "Alacrán" que nos deleitarán con a representación da "farsa para guiñol" escrita por Federico García Lorca: "El Retablillo de Don Cristobal":

"Un teatriño de cartón comprou Federico García Lorca cos seus aforros cando era neno e supuxo un dos seus primeiros xoguetes infantís, que despois foi ampliando cos novos decorados e personaxes que el mesmo debuxaba e inventaba. Para ese teatriño compuxo as súas primeiras farsas, baseadas en Cristobita, un personaxe popular do monicreque de comezos do século XX, que Federico improvisaba de forma oral, mentres as representaba, e que despois transcribiría literariamente. Destas obras, unha das primixenias é "El Retablillo de Don Cristóbal", onde se esbozan as situacións e os personaxes que logo dilatará e acrecerá en outras obras posteirores. Pero en El Retablillo... todo é pura burlería: a obra transcorre entre unhas cantas estampas e algún que outro cromo, como Lorca cualifica a este tipo de escenas".

E por suposto haverá castañas debalde!!

Aguardamos por vos!!