Mostrando entradas con la etiqueta cárcere e represion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cárcere e represion. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Xoves 28 as 20:00' "Díaz: Non pulire questo sangue" no ciclo de Cinema Anti-repressivo de Silveira

O Amplo Movimento Anti-Repressivo "Silveira" contactou con nós para disponibilizar o noso espazo da "Ghavilla" como un dos locais onde proxectar este ciclo de cinema que comenza mañá xoves 14 as 19:00 na faculdade de filosofía e durante 4 semanas percorrerá (por esta orden) a biblioteca "Anxel Casal", "A Ghavilla" e o CSO "A Casa do Vento" (información dos filmes e horarios no cartaz).

Así o xoves 28 de novembro as 20:00' proxectarase en "A Ghavilla" o filme "Díaz: Non pulire questo sangue" (Díaz: non limpedes este sangue) de Daniel Vicari

Baseada en feitos reais, a película narra a noite en que se organizou o Contracumio do G8 na cidade de Xénova, en forma de rebatemento ao Cumio do G8 por parte do movemento antiglobalización. Esa noite producíronse varios incidentes, entre eles, o tráxico asalto á escola Díaz, un lugar de acollida para xornalistas acreditados e para manifestantes. Varias persoas achábanse diante desta escola manifestándose. Tras un aviso por parte dos veciños da zona, denunciouse un ataque cara ao corpo policial, polo que as forzas do Estado italiano decidiron asaltar a escola. Aínda que os manifestantes que se encontraban dentro levantaron as mans en sinal de entrega, a policía irrompeu e producíronse diversos incidentes violentos de forma excesiva, brusca e agresiva. Díaz, non limpedes este sangue narra dende a posición de policías, manifestantes e xornalistas, os sucesos tráxicos de noite do asalto á escola, que remataron con persoas feridas e numerosos detidos.

Tambén haberá ceador vegano e os cartos recadados nele serán para financiar este Amplo Movemento.

martes, 12 de marzo de 2013

Charla este venres 15 ás 18:30h: Contextualización da reforma do código penal

A cargo de membros do xornal Todo por Hacer


A última reforma do CP, que se atopa en fase de proposta de enmendas e de “debate” nas Cortes Xerais, vai supoñer unha serie de novidades de maior ou menor trascendencia, como a aprobación da cadea perpetua ou o endurecemento das penas asociadas a varios delitos.

Para entender esta reforma, sen embargo, é necesario contextualizala no tempo e no espazo, así como ideolóxica e sociolóxicamente. Para iso, faremos un brevísimo percorrido pola historia do CP e do cárcere como institución, centrándonos con maior profundidade nas reformas lexislativas da última década. Desta maneira, poderáse concluir que a última reforma penal non é máis que a derradeira volta de porca dun proceso que se está a xestar dende fai moitos anos.

Os cárceres están cheos de pobres e disidentes e a reforma do CP de 2012-2013 axudará a que isto siga a ser así.

Material de apoio: Artículo"La reforma del Código Penal: Una vuelta de tuerca más a la represión"

Outros artigos indirectamente relacionados pero que axudan a contextualizar a charla son:

jueves, 28 de febrero de 2013

5 de Marzo, Martes às 20:00', "Voando Vou" no Cinema-Forum

3ª emisión da 1ª programación do Cinema-Forum "A Ghavilla" que como cada martes estaremos às 20:00' pontoais para asistir ao visionado en pantalla grande e son quadrofónico do filme:

"Volando voy"( Miguel Albaladejo 2006 Espanha ) 105 min.

Sinopse.- Getafe, finais dos anos 70. A gente mira extranhada como un 600 sen conductor atravesa a rua a toda velocidade. Ao volante vai Juan Carlos, "El Pera", un crio de 9 anos con umha extraordinaria habilidade para manexar coches.... e para roubalos. "El Pera" vive a rua como centro de operacions e lugar de aprendizaxe, sen regras nen límites e mantiveron en xaque à policía e a Guardia Civil da época. Pero a sua sorte mudará cando chega à Cidade Escola dos Muchachos de Leganés.

Un filme que "se alonxa dos filmes almibarados de xovens delincuentes do cinema americano, que son dificis de crer, dado que a historia de Juan Carlos, ainda que difícil de crer, é real".

miércoles, 23 de enero de 2013

Charla anticarcelaria "Unha visión dende dentro"

Á conferencia virá un compañeiro que estivo preso máis de 20 anos a contarnos a súa visión, dende a súa experiencia, do entramado que se tece dentro dos centros de exterminio. A partir das 20:30h o próximo mércores 30 de xaneiro. Contamos con barra de bebidas e papeo a prezos populares

lunes, 10 de diciembre de 2012

[ Venres 14 às 20:00' ] Palestra sobre a COPEL e a loita nos cárceres nos anos 70

A experiencia das luitas que a Coordinadora de Presos en Luita (COPEL) levara a termo no interior das prisions dos estado español a finais da década dos anos 70 será o tema desta palestra-encontro con Daniel Pont, un dos participantes mais activos nas luitas anticarcerarias daquel axitado periodo.

Depois habrá un ceador vegano.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Mércores 21 às 20:00' - Palestra "As Últimas Décadas das Loitas Contra a Prisións no Estado"

Como parte das Xornadas Anarquistas Itinerantes Galegas, "Novembro Negro" este mércores 21 de novembro às 20:00' contaremos con esta palestra que estará composta de tres partes con tres distintas ponentes:

-Reximen F.I.E.S.: Baldomero Lara
-Motín de Quatre Camins: José Solís
-Campaña "Cárcere=Tortura": Virginia

Haberá Ceador Vegano.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Proxección DVD "Torturadxs" e Ceador Vegano

Como iniciativa da "Ghavilla" enmarcada en dar suceso à vindoura Marcha a Teixeiro do sábado 17, na denuncia anual da existencia dos cárceres e demais centros de exterminio, este xoves, 15 de decembro, proxectaremos no noso local o DVD "Torturadxs", unha denuncia contra a tortura policial no Estado español e, en concreto, unha denuncia do caso de Sergio L.D., que na manifestación antiglobalización contra a Cimeira Europea de marzo de 2002 en Barcelona, foi reducido por 4 policías da Brigada de Información da Policía Nacional e torturado tanto física como psicolóxicamente durante o seu traslado à comisaría de "La Verneda".

Transcurridos 8 anos, a situación segue a ser preocupante. Actualmente ten suspendida a condea e a entrada en prisión, agardando obter o veredicto do Indulto.

E despois, como non, o noso habitual CEADOR VEGANO dos xoves para autoxestionar a biblioteca.

lunes, 6 de junio de 2011

VIII Xornadas Anarquistas de Compostela

(encadradas dentro das xornadas anarquistas de Galiza, abordaxerevista.blogspot.com)

VENRES 20 MAIO: A problemática nos centros de menores.

Incidiráse no funcionamento destes cárceres para nenxs, dende a visión de unha persoa integrante de ESCULCA, un organismo legalista que tenta asumir a defensa das liberdades e dereitos de fundamentais das persoas. Unha charla de carácter informativo para a aportación na loita contra as prisións de menores en particular, e contra todas as prisións en xeral.

XOVES 26 MAIO: A nova privatización da auga en Galiza.

Dende xaneiro, entra en vigor a "lei de augas de Galicia", coa que a auga pasa de ser un ben universal a un negocio máis en mans da empresa Augas de Galicia, con dereito privado. Reflexionaremos con dous compañeiros sobre o proceso privatizador da auga, impulsado por políticas dende a escala internacional á local que siguen as directrices da globalización capitalista.

VENRES 27 MAIO: Charla contra a MAT (Moi Alta Tensión) en Catalunya.

Contaremos con duas compañeiras de Catalunya que participaron activamente desta loita para falar das diferentes formas, orixinais e combativas, de actuación contra esta infraestrutura, aportando novas tácticas na loita contra o seu progreso.

*NA SEMANA DO 30 DE MAIO AO 5 DE XUÑO, FAREMOS UN PEQUENO DESCANSO DAS XORNADAS, ANIMÁNDOVOS A TODAS A QUE VOS SOLIDARICEDES COA LOITA MAPUCHE NA FESTA SOLIDARIA QUE SE CELEBRARÁ EN BALBOA (O BIERZO) OS DÍAS 3 E 4 DE XUÑO CON ACTIVIDADES MOI DIVERSAS (+info: abordaxerevista.blogspot.com)*

MÉRCORES 8 XUÑO: "As virtudes subversivas. Os anarquistas na actualidade"

Charla coloquio cun compañeiro italiano, autor de diversos escritos publicados en "El desorden de la libertad". Falar de "virtudes subversivas" (o valor real das propias ideas, a autonomía de xuizo, tenacidade, constancia, humildade, memoria, creatividade, imprevisibilidade...), son quizáis unha boa forma de coñecer con quen e como actuar nun sentido revolucionario.

XOVES 9 XUÑO: Charla sobre a cultura e loita mapuches, a cargo de Rodrigo Curipam Werkem, da comunidade de Rankinko.

Participou moi activamente na loita destes últimos anos, recentemente excadeado polo estado chileno, tras unha longa e dura folga de fame que ainda dura actualmente nas prisións chilenas.

ACTUALIZACIÓN: Por problemas de permisos legais, o compa Rodrigo Curipán non poderá acudir a estas xornadas e no seu lugar debateremos con un compa chileno sobre o anarquismo en Chile desde a dictadura ata agora.

*(por concretar, semana do 13 de xuño)*: Charla sobre a reforma do código penal.

Dous avogadxs de Madrid explicarán o endurecimento das leis coas últimas reformas da lexislación penal e as suas consecuencias, importante na recopilación de datos para novas estratexias defensivas.

*(por concretar, semana do 13 de xuño)*: Mulleres saharauis en loita.

Asistiremos ao testimonio de duas mulleres saharauis que se arriscaron por dar a coñecer ao mundo a realidade da loita do seu povo contra a represión marroquí. Con elas poderemos achegarnos á realidade do povo saharaui e máis en concreto das mulleres saharauis.

TODAS AS CHARLAS SERÁS APARTIR DAS 20:30H NA BIBLIOTECA
(lembrámosvos, a rúa entre Quiroga Palacios e Avda de Lugo, no número 8)

Difundide!!!!