Mostrando entradas con la etiqueta debate. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta debate. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de mayo de 2013

Hoxe, Martes 21 às 21 "BARRIOS BAJOS" no Cinema Forum Anarquista

Bairros Baixos ( Pedro Puche Espanha 1937) 93 min.

Filme da Republica producido polo SIE, Sindicato da Industria do Espectáculo, de pertenencia maioritaria cenetista e anarquista. O filme suscitara polemica por non seguir ao pé da letra o ideario anarquista, ao tentar conciliar ideoloxía libertaria e vocación comercial.

É o único filme desta época que toca o tema do proxenetismo. Ricardo, un mozo pequeno-burgúes, sorprende à sua muller con outro home e, arrebatado polos ciumes, mata o amante dun disparo. Fuxe, agochándose nun cafetín onde vive un antiguo amigo seu, "El Valencia", fornido estibador do porto de Barcelona. "El Valencia" acolleo e protexeo da curiosidade de Floreal, un perigoso hampón adicado à trata de brancas.


domingo, 7 de abril de 2013

Martes 09 Abril às 21:00' .- "A Patagonia Rebelde" no Cinema-Forum

ATENCIÓN ao CAMBIO de HORARIO (21:00)

A Patagonia rebelde ( Héctor Olivera 1974 Argentina ) 103 min.


Filme dramático-histórico de acción que relata os feitos da denominada Patagonia rebelde do ano 1921. Foi censurada primeiro polo entón presidente, Juan Domingo Perón, e depois aprobada por decisión do mesmo, no entanto pouco despois morria Perón e foi novamente censurada polo goberno de Isabel Perón e pouco despois, a maioría do elenco e realizadores fuxeron ao exilio e só puido ser exibida na Arxentina 10 anos despois en 1984.

A FORA (“Federación Obrera Regional Argentina”) organizara en Río Gallegos, Provincia de Santa Cruz, a Sociedade Obreira de Río Gallegos dirixida polo coruñes, Antonio Soto, anarquista coñecido como “El Gallego” Soto.

Santa Cruz era un centro de produción de la, con destino á exportación, con grandes latifundios e frigoríficos ingleses. A baixa demanda dos stocks de la que estaban acumulados ao finalizar a Primeira Guerra Mundial, e a forte caída do prezo, darán lugar a unha crise rexional. Esta afectou aos estancieros e comerciantes, pero repercutiu aínda máis sobre os traballadores lanares e os peóns rurais, que vivían en condicións miserables. A xornada normal dos obreiros dese entón era de 12 horas, a dos tosquiadores e os arrieros roldaba as 16 horas; os salarios eran ínfimos, e frecuentemente eran pagados en bonos ou en moeda estranxeira que ao cambiala nos comercios era tomada por un valor menor. O único día de descanso era domingo.

Esas condicións deron lugar a chamada “Patagonia Rebelde”, un conflicto longo que tivo duas greves xerais e violenta represión por parte do Exercito.

lunes, 25 de marzo de 2013

Martes 26 às 20:00 Proxeción Documentario "A Educación Prohibida"

A escola cumpriu xa máis de 200 anos de existencia e é ainda considerada a principal forma de aceso à educación. Hoxe en día, a escola e a educación son conceptos amplamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, institucións educativas, medios de comunicación e espazos da sociedade civil. Dende a sua orixe, a institución escolar estivo caracterizada por estructuras e prácticas que hoxe se consideran maiormente obsoletas e anacrónicas.

Dicimos que non acompañan as necesidades do Século XXI. A sua principal falencia encontra-se nun deseño que non considera a natureza da aprendizaxe, a libertade de eleción ou a importancia que ten o amor e os vínculos humanos no desenvolvimento individual e colectivo.

A partir destas reflexións críticas xurdiran, ao longo dos anos, propostas e prácticas que pensaron e pensan a educación dunha forma diferente. "La Educación Prohibida" é un filme documental que propón recuperar muitas delas, explorar as suas ideas e visibilizar aquelas experiencias que se atreverom a mudar as estructuras do modelo educativo da escola tradicional.

Máis de 90 entrevistas a educadores, académicos, profesionais, autores, nais e pais; un percorrido por 8 países de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas non convencionais, convirten a "La Educación Prohibida" nun fenómeno único. Un proxecto totalmente independente dunha magnitude inédita, que da conta da necesidade latente do crecemento e xurdimento de novas formas de educación.


lunes, 18 de marzo de 2013

Manhán 19 de marzo proxección do filme "A Banda Bonot"

A Banda Bonnot foi un dos tantos grupos anarquistas expropiadores que tiveron acción na Europa de finais do século XIX e principios do XX. O seu foco de luita foi Francia, entre 1911 e 1912. Denominada desta forma pola sociedade dese país, dado que o seu “líder” era Jules Bonnot, practicaron o ilegalismo como forma de emanciparse da escravitude moderna, principalmente do traballo asalariado.

Este grupo usou o roubo a mao armada, o asalto e asasinato con un duplo fin: O de non someterse à escravitude moderna e o de axitar à sociedade, tan dormida e conforme como é característica. Para ese fin usaron o automóvil, máximo invento da época, con o que pasaron à historia como umha das bandas pioneiras en usar este meio de transporte con fins subversivos.

O filme de Jean Paul Guibert realizado en 1968, narra en 83 minutos a historia desta banda, mergullándonos nas vidas dos seus integrantes, ademáis de entregarnos umha imaxen moi detallada da sociedade francesa de entón.

Poderemos visionalo na sua versión orixinal con subtítulos en castelán

2ª Tanda de filmes e documentarios no CINEMA FORUM "A GHAVILLA"


Xa está programada a 2ª tanda de filmes que, como na quenda anterior, serán proxectados no noso local todolos martes às 20:00' (comenzo pontoal salvo imprevistos) e nesta segunda pogramación convidamosvos a visionar (e depois si se quixer a opinar) os seguintes filmes: en 19 de marzo: "A Banda Bonot" de Jean Paul Guibert filme francés en VOS realizado en 1968 (83 minutos); en 26 de marzo: "A Educación Prohibida" documentario do arxentino Germain Doin reralizado en 2012 (145 min); en 2 de abril proxectaremos o filme mexicano "A Lei de Herodes" dirixido por Luis Estrada en 1999 (123 min) e para rematar esta segunda tanda, en 9 de abril, poderemos visionar o filme de Hector Olivera realizado na Argentina en 1974 "A Patagonia Rebelde" (103 min).

Clicando en "Mais información" acededes a unha sinopse de cada filme.

martes, 12 de marzo de 2013

Charla este venres 15 ás 18:30h: Contextualización da reforma do código penal

A cargo de membros do xornal Todo por Hacer


A última reforma do CP, que se atopa en fase de proposta de enmendas e de “debate” nas Cortes Xerais, vai supoñer unha serie de novidades de maior ou menor trascendencia, como a aprobación da cadea perpetua ou o endurecemento das penas asociadas a varios delitos.

Para entender esta reforma, sen embargo, é necesario contextualizala no tempo e no espazo, así como ideolóxica e sociolóxicamente. Para iso, faremos un brevísimo percorrido pola historia do CP e do cárcere como institución, centrándonos con maior profundidade nas reformas lexislativas da última década. Desta maneira, poderáse concluir que a última reforma penal non é máis que a derradeira volta de porca dun proceso que se está a xestar dende fai moitos anos.

Os cárceres están cheos de pobres e disidentes e a reforma do CP de 2012-2013 axudará a que isto siga a ser así.

Material de apoio: Artículo"La reforma del Código Penal: Una vuelta de tuerca más a la represión"

Outros artigos indirectamente relacionados pero que axudan a contextualizar a charla son:

jueves, 14 de febrero de 2013

Martes 19 feb às 20:00 "Os Catrocentos Golpes" de Truffau no Cinema Forum de "A Ghavilla"


Comenzamos en "A Ghavilla" este Cinema Forum Anarquista con a proxección do filme “Os Catrocentos Golpes” de F. Truffaut, realizado en 1959 con unha duración de 92 min.

A idea deste Cinema Forun é compartillar o pase do filme (o comenzo será pontoal às 20:00', salvo imprevistos) e depois ter un debate ou comentar ao respeito da temática do filme.

A entrada é debalde e haberá servizo de ambigú para axudar a sufragar os gastos do local.

Para darvos máis ganhas de vir e eiquí un escueto resumo da sua sinopse:

Este filme testemunhal da segunda posguerra europea posue certo carácter autobiográfico e forma umha simbiose con o pequeno protagonista, Jean-Píerre Léaud. Foi rodado en cenarios naturais e con moi poucos meios, rompendo o estilo do cinema de «qualité» que imperaba na Francia daquel período.

Os críos e adolescentes de Truffaut rondan a sua autobiografía. Os seus non son aceitados pola sociedade: non son antisociais, senon asociais... están a marxe, pero non en contra.

«Os catrocentos golpes é a crónica dumha soedade e desamparo. A historia dun meninho que palpa o sensabor do olvido e que busca a sua propria identidade no instinto da liberdade. François Truffaut, quen comprendeu como poucos cineastas o que lle fixera o sentido da frustración na nenez, descobre con fino talento cinematográfico a psicoloxía do desarraigo que aninha na entranhable personaxe central detsa dura narración.»

martes, 12 de febrero de 2013

"Cinema Forum Anarquista" Dende o dia 19 de Febreiro, todolos Martes às 20:00'

Xa está programada a 1ª tanda de filmes que, como dezimos no titulo desta entrada, serán proxectados no noso local todolos martes (agás festividades) às 20:00' (comenzo pontoal salvo imprevistos) e nesta primeira pogramación convidamosvos a visionar (e depois si se quixer a opinar) os seguintes filmes: o 19 de febreiro.-“Os Catrocentos Golpes” de Truffaut realizado en 1959 (92 min.); en 26 de febreiro.- “A Estratexia do Caracol” de Sergio Cabrera de 1993 (116 min.); en 5 de marzo.- “Voando Vou” de M. Albaladejo filme de 2006 (105 min.) e en 12 de marzo.- “O Corazón da Terra” de A. Cuadri de 2007 (90 min.).

Se clicades en "Mais información" tendes unha sinopse de cada filme.