lunes, 23 de abril de 2012

XOVES 26 DE ABRIL ÀS 20h : PALESTRA e CEADOR VEGANO


 
Co gallo do 1º de Maio ofertamos esta palestra-debate sobre as origens desta Festa institucionalizada e que como Anarquistas reivindicamos como Día de Rebelión e non de Descanso, un Día de Protesta contra a Opresión e a Tiranía, contra a Ignorancia...

“RECUPERANDO O PRIMEIRO DE MAIO. HISTORIA DOS MÁRTIRES E A IDEA DE CHICAGO”

 e depois:

CEADOR VEGANO

miércoles, 14 de marzo de 2012

21-22 Marzo às 19h - Obradoiro de Primeiros Auxilios

-Queimaduras, feridas, reanimación cardiopulmonar

Pola autoxestión da nosa seguranza e a nosa saúde

Días 21 e 22 de Marzo de 19:00 a 21:00

jueves, 8 de marzo de 2012

Sábado 10 às 20 horas.- Palestra Radio QK (Uvieu) e depois, Ceador Vegano

Tras case 30 anos de emisión ininterrumpida, unha das radios lbres máis veteranas do estado, enfrontase a problemas xudiciais que poderían sinificar o seu feche. O 9 de novembro de 2011 a comunidade de propietarios do edificio onde atopase ubicada a Radio QK, recebeu unha carta da "Jefatura Provincial de Inspección de Telecomunicaciones" na que se lles notificaba a existencia no tellado dun centro emisor en FM (antena) sen autorización e ameazalles con una sanción de ata 500.000 € en caso de non identificar ao propietario da mesma. Situaciones similares viviron as outras radios libres de Asturies: Radio Sele , Radio Nava e Radio Kras.

Compas ovetenses falarán da traxectoria e historia da RadioQK e da problemática actual à que se enfrontan os medios libres de difusión e contrainformación nas ondas asturianas.

Depois da palestra haberá un riquísimo Ceador Vegano.

Máis información sobre a persecución às que están sendo sometidas as radios libres asturianas por parte da "Jefatura Técnica de Telecomunicaciones" en Asturies neste enlace de radio QK

miércoles, 7 de marzo de 2012

Palestra "SOS Laciana" Réquiem polas montañas


Este venres 9 de marzo as 18 horas, organizado por compas do CSO Casa do Vento e do proxecto en cernes "Toma La Tierra" (Rede estatal de coordinación e difusión de luitas pola terra), haberá esta palestra onde compas da luita ofrecerán unha análise da problemática e das últimas novas deste val leonés de Laciana que leva sufrindo a ilegal mineiría de carbón a ceo aberto dende vai 27 anos. 

Unha paraxe protexida destruída, o oso e o urogalo en perigo, contaminación de augas, conflicto social e agresións a todo aquel que plante cara ao cacique do carbón: Victorino Alonso.

Mais información na sua páxina web http://www.soslaciana.org

Cabe sinalar que se ben no cartaz figura que a palestra vai ser no CSO Casa do Vento, esta celebrara-se na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" debido a problemas estructurais.

miércoles, 29 de febrero de 2012

Charla "O outro da institucion: aproximacion as modalidades educativas non-escolares" por Pedro García Olivo


Xira galega deste polémico anti-pedagogo; prolífico propagandista da condición de "mercenario" que arrastran tódolos mestres, por moi libres e radicais que se pretendan. 
Teórico xa non da "escola libertaria" senon máis ben do libertario da non-escola, dícese partidario de "unha escola sen mestres, sen profesores, sen educadores. Unha escola sen alumnos...".
A raíz dos polémicos prantexamentos "anti-escolares" publicados no seu libro "El irresponsable", participou frecuentemente en conferencias en universidades de todo o estado español e tamén noutros países. 


En Compostela poderedes asistir á charla "O outro da institución: aproximación ás modalidades educativas non-escolares".


Máis información: http://www.pedrogarciaolivoliteratura.com/

sábado, 25 de febrero de 2012

Charla "Situación actual: análise e alternativas" de Feliz Rodrigo Mora [Convocatoria]

Este luns, 27 de febreiro, ás 20h terá lugar a charla "A situación actual: análise e alternativas" por Felix Rodrigo Mora* na Biblioteca anarquista Ghavilla de Compostela en rúa Puente la Reina nº 8.

Axúdanos a difundilo!!


*NOTA BIOGRÁFICA
Félix Rodrigo Moura comeza desde moi novo no movemento obreiro, acumulando
unha interesante e dilatada experiencia nas súas loitas, así como nas veciñais.
Decepcionado do activismo, tras comprender por propia experiencia a sua nocividade, adícase durante máis de 17 anos á reflexión e ao estudo, convencido de que as teorías obreiristas urdidas no século XIX
están amplamente superadas polas circunstancias, e que é necesario crear novos marcos interpretativos para facer fronte ás novas realidades do século XXI.
Forma parte do colectivo de crítica anti-industrial “Os Amigos de Ludd” ata a sua amigable autodisolución. No seu libro “Naturaleza, ruralidad y civilización” recolle, ademais de diversas análises froito de anos de traballo, os seus recordos infantís no mundo rural castelán tradicional, desexoso de transmitir ás novas xeracións unha imaxe obxectiva de como era aquel, no positivo e tamén no negativo, coa esperanza de que o un e o outro sirva para a constitución dunha sociedade post-estatal e postcapitalista.
Agora continúa a traballar en diversos asuntos, e existen varios libros
pendentes de publicación.
Como suscita no seu libro “A Democracia e o Triunfo do Estado”,
entende que a acción transformadora da actual orde debe ter unha sólida orientación moral. Sublévalle o reformismo fraseolóxico e demagóxico da ideoloxía e política dos anos 60 e 70 tanto como a sua insustancialidade intelectiva, amoralidade e desdén polos clásicos.
Considera, tal e como o suscita no seu libro “Crise e Utopía no Século
XXI”, que hai que acabar críticamente con todo iso, e substituílo por outro sistema de ideas, programa e propostas que sexan verdadeiramente revolucionarios e que ao mesmo tempo integre o mellor da cultura clásica e das tradicións populares.
Ademais dos libros publicados, e preparados, pendentes de publicar, vén
publicando numerosos artigos, charlas e comunicacións.
Os seus contidos resultan de tres fontes: a experiencia directa reflexionada, o aprendido dos iguais e a leitura meditada dos clásicos. Con iso nega o academicismo e credencialismo, pois xulga que nas institucións a verdade non é, en xeral, posible, dado que serven á razón
de Estado.
A súa convicción é que só o vivido, isto é, o padecido e sufrido, proporciona un saber auténtico, mentres que o transmitido desde o confort e asepsia das cátedras resulta ser unha mestura de erro e propaganda. Únicamente unha vida azarosa e esforzada, con esquecemento
de si e desexo de servir ao trascendente, pode proporcionar o coñecemento do sustantivo.
Un enfoque non-especializado é cardinal en tal concepción, pois a vida é plural e complexa, non admitindo reduccionismos. Considera que a verdade ha de estar na base de todo, e que a súa averiguación non resulta dun actuar meramente intelectual senón dun compromiso en que o ser humano implícase como totalidade, asumindo o risco e incerteza que iso leva aparellados.

nota biográfica extraída da sua web:http://felixrodrigomora.net