miércoles, 7 de marzo de 2012

Palestra "SOS Laciana" Réquiem polas montañas


Este venres 9 de marzo as 18 horas, organizado por compas do CSO Casa do Vento e do proxecto en cernes "Toma La Tierra" (Rede estatal de coordinación e difusión de luitas pola terra), haberá esta palestra onde compas da luita ofrecerán unha análise da problemática e das últimas novas deste val leonés de Laciana que leva sufrindo a ilegal mineiría de carbón a ceo aberto dende vai 27 anos. 

Unha paraxe protexida destruída, o oso e o urogalo en perigo, contaminación de augas, conflicto social e agresións a todo aquel que plante cara ao cacique do carbón: Victorino Alonso.

Mais información na sua páxina web http://www.soslaciana.org

Cabe sinalar que se ben no cartaz figura que a palestra vai ser no CSO Casa do Vento, esta celebrara-se na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" debido a problemas estructurais.

miércoles, 29 de febrero de 2012

Charla "O outro da institucion: aproximacion as modalidades educativas non-escolares" por Pedro García Olivo


Xira galega deste polémico anti-pedagogo; prolífico propagandista da condición de "mercenario" que arrastran tódolos mestres, por moi libres e radicais que se pretendan. 
Teórico xa non da "escola libertaria" senon máis ben do libertario da non-escola, dícese partidario de "unha escola sen mestres, sen profesores, sen educadores. Unha escola sen alumnos...".
A raíz dos polémicos prantexamentos "anti-escolares" publicados no seu libro "El irresponsable", participou frecuentemente en conferencias en universidades de todo o estado español e tamén noutros países. 


En Compostela poderedes asistir á charla "O outro da institución: aproximación ás modalidades educativas non-escolares".


Máis información: http://www.pedrogarciaolivoliteratura.com/

sábado, 25 de febrero de 2012

Charla "Situación actual: análise e alternativas" de Feliz Rodrigo Mora [Convocatoria]

Este luns, 27 de febreiro, ás 20h terá lugar a charla "A situación actual: análise e alternativas" por Felix Rodrigo Mora* na Biblioteca anarquista Ghavilla de Compostela en rúa Puente la Reina nº 8.

Axúdanos a difundilo!!


*NOTA BIOGRÁFICA
Félix Rodrigo Moura comeza desde moi novo no movemento obreiro, acumulando
unha interesante e dilatada experiencia nas súas loitas, así como nas veciñais.
Decepcionado do activismo, tras comprender por propia experiencia a sua nocividade, adícase durante máis de 17 anos á reflexión e ao estudo, convencido de que as teorías obreiristas urdidas no século XIX
están amplamente superadas polas circunstancias, e que é necesario crear novos marcos interpretativos para facer fronte ás novas realidades do século XXI.
Forma parte do colectivo de crítica anti-industrial “Os Amigos de Ludd” ata a sua amigable autodisolución. No seu libro “Naturaleza, ruralidad y civilización” recolle, ademais de diversas análises froito de anos de traballo, os seus recordos infantís no mundo rural castelán tradicional, desexoso de transmitir ás novas xeracións unha imaxe obxectiva de como era aquel, no positivo e tamén no negativo, coa esperanza de que o un e o outro sirva para a constitución dunha sociedade post-estatal e postcapitalista.
Agora continúa a traballar en diversos asuntos, e existen varios libros
pendentes de publicación.
Como suscita no seu libro “A Democracia e o Triunfo do Estado”,
entende que a acción transformadora da actual orde debe ter unha sólida orientación moral. Sublévalle o reformismo fraseolóxico e demagóxico da ideoloxía e política dos anos 60 e 70 tanto como a sua insustancialidade intelectiva, amoralidade e desdén polos clásicos.
Considera, tal e como o suscita no seu libro “Crise e Utopía no Século
XXI”, que hai que acabar críticamente con todo iso, e substituílo por outro sistema de ideas, programa e propostas que sexan verdadeiramente revolucionarios e que ao mesmo tempo integre o mellor da cultura clásica e das tradicións populares.
Ademais dos libros publicados, e preparados, pendentes de publicar, vén
publicando numerosos artigos, charlas e comunicacións.
Os seus contidos resultan de tres fontes: a experiencia directa reflexionada, o aprendido dos iguais e a leitura meditada dos clásicos. Con iso nega o academicismo e credencialismo, pois xulga que nas institucións a verdade non é, en xeral, posible, dado que serven á razón
de Estado.
A súa convicción é que só o vivido, isto é, o padecido e sufrido, proporciona un saber auténtico, mentres que o transmitido desde o confort e asepsia das cátedras resulta ser unha mestura de erro e propaganda. Únicamente unha vida azarosa e esforzada, con esquecemento
de si e desexo de servir ao trascendente, pode proporcionar o coñecemento do sustantivo.
Un enfoque non-especializado é cardinal en tal concepción, pois a vida é plural e complexa, non admitindo reduccionismos. Considera que a verdade ha de estar na base de todo, e que a súa averiguación non resulta dun actuar meramente intelectual senón dun compromiso en que o ser humano implícase como totalidade, asumindo o risco e incerteza que iso leva aparellados.

nota biográfica extraída da sua web:http://felixrodrigomora.net

miércoles, 18 de enero de 2012

Xornadas Antidesarrollistas [Coruña e Compostela]


DOMINGO 22 XANEIRO, 17:30H: 

Charla-debate ZAD (zona a defender, Francia)

Charla-debate Loita contra o porto deportivo de Massó (Cangas)

Despois das charlas, ceador vegano

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Proxección DVD "Torturadxs" e Ceador Vegano

Como iniciativa da "Ghavilla" enmarcada en dar suceso à vindoura Marcha a Teixeiro do sábado 17, na denuncia anual da existencia dos cárceres e demais centros de exterminio, este xoves, 15 de decembro, proxectaremos no noso local o DVD "Torturadxs", unha denuncia contra a tortura policial no Estado español e, en concreto, unha denuncia do caso de Sergio L.D., que na manifestación antiglobalización contra a Cimeira Europea de marzo de 2002 en Barcelona, foi reducido por 4 policías da Brigada de Información da Policía Nacional e torturado tanto física como psicolóxicamente durante o seu traslado à comisaría de "La Verneda".

Transcurridos 8 anos, a situación segue a ser preocupante. Actualmente ten suspendida a condea e a entrada en prisión, agardando obter o veredicto do Indulto.

E despois, como non, o noso habitual CEADOR VEGANO dos xoves para autoxestionar a biblioteca.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Palestra presentación "CUL DE SAC" Revista de Pensamento Crítico

Onte publicavamos neste blogue a convocatoria da palestra no espacio liberado Sala Yago, hoxe, depois do desaloxo producido só minutos depois de ser colgada a noticia temos que dizer ben alto que : SEGUIMOS EN PÉ  e transaladamos a charla ao noso (e voso) local da rua Ponte la Reina nº 8 (Belvis) e ademais, para coller forza e seguir polo bo camiño, depois da palestra haverá unha riquísima CEA VEGANA

Vidos desde Alacant, os membros do colectivo editorial da Revista "Cul de Sac" falarán do 1º número adicado à Luita contra o Progreso e o Desenvolvemento Destruitivo que padecemos e avanzarán a temática do 2º número adicado ao Control Social.

                                  Venres 25 novembro às 21:00' na "Ghavilla"

martes, 15 de noviembre de 2011

Por fin reabrimos as portas, e que mellor que cunhas Xornadas Antidesarrollistas!!!

Despois de meses fechadxs, en principio coa boa intención de rematar algunhas obras pendentes -intención abortada por un problema eléctrico e os seus tortuosos e penosos trámites na Union Penosa durante todos estes meses-, fíxose a luz e decidimos reabrir por fin as portas da biblioteca ainda sen poder rematar os traballiños planificados... Xa sabedes, en construcción permanente...

Quixemos inaugurar esta nova tempada cunhas Xornadas Antidesarrollistas, para contribuir a que a cultura antidesarrollista encha de contido as luitas sociais. É unha cultura do “non”. Non a cualquer imperativo económico, non a cualquer decisión do Estado. Non a participar no xogo político actual para contribuir na medida que fora á administración do presente estado de coisas. A luita antidesarrollista baséase no principio da acción directa, rachando a sumisión á racionalidade mercantil e tecnolóxica.

O programa das xornadas será o seguinte:

Mércores 16 novembro-

19:30h documentario "Reforestación forzosa do eucalipto en Galiza"

20:30h palestra "Pan pra hoxe..." Historia da industrialización en Galiza

Xoves 17 novembro-

12:00h Roteiro Micolóxico (confírmase o mércores)

20:30h palestra "A trampa do progreso" O Ave e outras troulas
      
Ceador popular vegano

Saudos e Saude!!!